O BNG denuncia que Cubelas está cuberta de pedras tralas obras do paseo
Vecinos e visitantes poden comprobar cando a marea baixa que a praia de Cubelas en San Cibrao está cuberta de pedras. Según o BNG, «en moitos casos proceden dos cascallos da obra executada polo departamento de Costas».
Denuncia o edil Xoán Antón Estúa, añadindo que «xa nos meses de verán eran moitas as queixas dos usuarios desta praia polas molestias que causaba atopar restos que ademáis podían ser perigosos». Pide o Concello que os elimine antes da nova tempada e engade «ao marxe de quen sexa a administración responsable da execución dese paseo, debe ser o goberno municipal quen vele por que os traballos se fagan con coidado» y «esixir antes da súa entrega a limpeza do entorno».
A parte desta nova eu quero engadir que xa que se ven as pedras da praia de Cubelas, que pasa coa "
PASARELA CIBELES" que apareceu na Praia Do Torno a causa da ampliación do Porto e que si vai pasar algo parecido co que teñen pensado facer na zona do Corbeiro pois mellor que se esten quietos e que antes de facer nada pregunten a xente que sabe do pobo (mariñeiros) se ese proxeto e viable...
PASARELA CIBELES:dicese da franxa de cemento que cruza a praia do torno no lado do porto que apareceu ali por ciencia infusa, disque...