Luns, 18 de Setembro de 2006

APOIO O MESTRE

Se tes unha paxiña web e queres apoiar o Mestre Diaz Pardo podes poñer un banner coma este na tua páxina, poderalo atopar en, ademais de mais información sobre o caso, entre eles un estudio da USC (Universidade de Santiago de Compostela):



Apoiamos a Isaac Díaz Pardo


Para: "A TODO O POBO GALEGO"
As Cerámicas do Castro e Sargadelos un referente fundamental da nosa cultura e identidade do noso pobo atópase en perigo.

A súa alma mater, o seu fundador, a sua identidade e o noso intelectual xa non está ó frente deste complexo polo desexo capitalista de algúns indocumentados.

Tódolos galegos debemos impedir esa "xubilación".


EXIXIMOS QUE VOLTE DIAZ PARDO O FRENTE DA NOSA HISTORIA



Palabras do Mestre Isaac Diaz Pardo:

Mentras nós estabamos ocupados na imaxe das empresas, o Sr. Sineiro, foi modificando unha das sociedades de servicios como é o Grupo Técnico e organizador da Cerámica de Sargadelos, convertendoa nunha sociedade puramente mercantil, até prescindindo da miña presidencia que me corresponde por presidente de Sargadelos, todo elo mediante firmas falsas e outras que se estamparan sen enterarse a que respondían, fiados en que os conceptos serían honestos.
(Isaac Díaz Pardo, 29/06/2006)


Añadir comentario