Luns, 18 de Setembro de 2006
APOIO O MESTRE
Se tes unha paxiña web e queres apoiar o Mestre Diaz Pardo podes poñer un banner coma este na tua páxina, poderalo atopar en, ademais de mais información sobre o caso, entre eles un estudio da USC (Universidade de Santiago de Compostela):
Para: "A TODO O POBO GALEGO"
As Cerámicas do Castro e Sargadelos un referente fundamental da nosa cultura e identidade do noso pobo atópase en perigo.
A súa alma mater, o seu fundador, a sua identidade e o noso intelectual xa non está ó frente deste complexo polo desexo capitalista de algúns indocumentados.
Tódolos galegos debemos impedir esa "xubilación".
EXIXIMOS QUE VOLTE DIAZ PARDO O FRENTE DA NOSA HISTORIA
Palabras do Mestre Isaac Diaz Pardo:
Mentras nós estabamos ocupados na imaxe das empresas, o Sr. Sineiro, foi modificando unha das sociedades de servicios como é o Grupo Técnico e organizador da Cerámica de Sargadelos, convertendoa nunha sociedade puramente mercantil, até prescindindo da miña presidencia que me corresponde por presidente de Sargadelos, todo elo mediante firmas falsas e outras que se estamparan sen enterarse a que respondían, fiados en que os conceptos serían honestos.
(Isaac Díaz Pardo, 29/06/2006)

Martes, 05 de Setembro de 2006
APOIO A MARUXAINA (Carta publicada na Voz de Galicia Martes, 05/09/06)
Axudas para A Maruxaina
CARTA ABERTA
(Firma: COMISIÓN A MARUXAINA)
QUEREMOS comezar dicindo que non escribimos esta carta con ánimo de polemizar, senón que o noso obxectivo é promover unha reflexión sincera naquelas instancias da Administración autonómica que teñen na súa man impulsar, a través das distintas axudas e subvencións, as festas e celebracións tradicionais.
Cada segundo sábado de agosto, en San Cibrao, celébrase unha das festas máis multitudinarias da Mariña: A Maruxaina. Caracterizada pola súa condición popular, todos os veciños, e centos de miles de visitantes, mudan as súas roupas polas tradicionais vestimentas mariñeiras participando, de forma activa, nas distintas actividades programadas ao efecto de festexar a chegada da serea-meiga, que será xulgada, tras o desembarco, na praia do Torno. Na pasada edición contou cun respaldo popular masivo, acadando unhas cifras de asistencia que, de manterse no tempo, estimulan a esta comisión a promover o recoñecemento de festa de interese turístico nacional. A pesar destes datos, non ten concedida ningunha subvención dos departamentos autonómicos de Industria e Turismo.
Esto contrasta, por exemplo, con outras actividades que teñen a mesma consideración de Festa de Interese Turístico de Galicia, como a Queimada Popular de Cervo, que recibiu unha axuda que, segundo se publicou, elevouse aos 6.000 euros, a cargo da Consellería de Industria. Devandita actitude non redunda nun trato igualitario en detrimento da festa da Maruxaina.
Nós creemos que a Queimada Popular merece todo este apopio. Para nós será un punto de referencia que respectamos e admiramos, e felicitamos aos seus organizadores polo éxito acadado na última edición. Pero o que nos resulta difícil de asimilar é que a Xunta non apoie e impulse ambas celebracións en termos de igualdade. Por eso, en nome de todos os que nos esforzamos por facer realidade esta festa, pregamos aos responsables de Industria e Turismo e, ao propio edil nacionalista cervense, que axuden a nosa festa e o faga en termos de igualdade, porque creemos que é de xustiza para a Maruxaina de San Cibrao.

DE VOLTA
Si amiguiños xa estamos aqui outra vez, acabaronse as merecidas vacacions de verán e hai que volver a rutina do curso, ainda que non empezou pero hai que volver a estudiar para sacar algunha en Septembro.
Pois nada o dito que xa estamos de volta o grupo de colabadores do Blog e que en poucos dias comenzaran a aparecer noticias de novo, unha aperta e deica...